Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/259-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se dita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Fernando Macías, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: ampliación módulo de liña a 66 kV en Subst.

Situación: Boiro.

Características técnicas: ampliación da subestación transformadora denominada Boiro (expediente 32541) sita en Sandrenzo, parroquia de Cespón, concello de Boiro, dotándoa dun novo módulo de 66 kV para interconexión da liña a 66 kV a factoria Jealsa. Boiro.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 9 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

97-3255