Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.508

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/397-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 36000 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Sar-Bueu.

Situación: concello de Bueu.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea núa, a 20 kV, de 1.050 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio número 6 da L.M.T. derivación ó C.T. punta Dorna, rematando no C.T. que se proxecta en Sar, concello de Cambados. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 55 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve.

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, as características do cal se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Pontevedra, 20 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegación provincial de Pontevedra

3249