Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Mércores, 14 de maio de 1997 Páx. 4.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a autorización da modificación do proxecto de instalacións de gasificación do Noroeste: ramal Pontevedra-Ourense, promovido por Enagás, S.A.

De acordo co disposto na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos, Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, artigos 39 da Lei de procedemento administrativo e 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, texto refundido da Lei sobre o réxime do solo e ordenación urbana, aprobado por Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, Lei 11/1985, do 22 de agosto, de adaptación da do solo a Galicia e demais normativa específica de aplicación, e para os efectos previstos no acordo do Consello da Xunta de Galicia do 6 de maio de 1993, polo que se designa á Consellería de Industria e Comercio como órgano competente por razón da materia para a tramitación da

unidade de expediente e resolución única do procedemento, sométese a información pública a modificación do proxecto de gasificación do Noroeste: ramal Pontevedra-Ourense, declarado de utilidade pública polo artigo 10 da citada Lei 10/1987.

Peticionario: Enagás, S.A., con enderezo en Avda. de América nº 38, 28028 Madrid, titular da concesión administrativa outorgada por orde do conselleiro de Industria e Comercio do 12 de marzo de 1993 para a prestación do servicio público de conducción e subministración de gas natural para usos industriais nos termos municipais de Pontevedra, Ponte-Caldelas, Cotobade, A Lama, Avión, Boborás, O Carballiño, Maside, Punxín e Amoeiro, o proxecto de execución e autorización de instalacións do cal se aprobou por resolución do director xeral de Industria do 16 de outubro de 1995.

Obxecto da petición: aprobación administrativa e autorización de instalacións da modificación do proxecto ramal Pontevedra-Ourense, reflectida na addenda 1 ó proxecto ramal Pontevedra-Ourense.

A autorización administrativa que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 10 e 11 da citada Lei 10/1987, do 15 de xuño, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para o efecto de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

As instalacións obxecto desta solicitude son as seguintes:

-Instalacións auxiliares, que comprenden:

Posicións de válvulas de seccionamento e/ou derivación, incluíndo os edificios das ERM e casetas, onde sexan necesarias.

Estacións de protección catódica e as súas instalacións auxiliares.

-Trampa de recepción de rascadores.

-Acometidas eléctricas en BT e MT onde sexan necesarias.

Características das instalacións: a finalidade da addenda presentada ó proxecto orixinal é incluír como parte integrante deste as obras correspondentes ás modificacións de trazado e cambios de situación nas instalacións auxiliares, motivadas polas alegacións realizadas por organismos públicos e particulares.

Esta addenda 1, cunha lonxitude de 92 m lineais na provincia de Pontevedra, e que acurta en 93 m lineais o trazado inicial na provincia de Ourense, afecta ós seguintes termos municipais:

-Na provincia de Pontevedra:

Pontevedra: a variante sitúase entre o vértice VPO-6 e o límite do termo municipal de Ponte-Caldelas, co gallo de que a conducción se aproxime máis ó camino existente.

Ponte-Caldelas: consta de dúas zonas:

a) Unha desde o límite do termo municipal de Pontevedra ata o vértice VPO-8 e como continuación da anterior.

b) A segunda sitúase desde o vértice VPO-15 ó VPO-15-6 e desde o vértice VPO-17-1 ó VPO-18, co obxecto de que a nova conducción se aproxime ós lindeiros dos predios afectados.

Cotobade: sitúase entre os vértices VPO-55 ó VPO-56, por desprazarse a posición I-022-1 á beira do predio.

-Na provincia de Ourense:

O Carballiño: sitúase entre os vértices VOR-150-1 e VOR-151, co fin de aproximarse ós lindeiros dos predios.

Maside: consta de dúas zonas:

a) Unha situada entre os vértices VOR-166-1 e VOR-166-4, para evita-la afección a dous pozos e un estanque.

b) A segunda, situada entre os vértices VOR-167 e VOR-168, para que a conducción discorra polos lindeiros do predio.

Punxín: sitúase entre os vértices VOR-179-1 e VOR-168, co fin de que a conducción discorra polos lindeiros dos predios.

Amoeiro: sitúase entre os vértices VOR-188 e VOR-187-1, ocasionada polo cambio de situación da posición I-022-4.

Así mesmo, esta addenda 1 vén orixinada polos seguintes cambios de radicación das instalacións auxiliares:

-Na provincia de Pontevedra:

Posición I-022-1: situada no termo municipal de Cotobade, cambia de radicación para situala á beira do predio, realizándose o camiño de acceso polo seu lindeiro.

-Na provincia de Ourense:

Posición I-022-2: auméntase a lonxitude do camiño de acceso, pasando o punto de entrada dun camiño estreito a unha pista larga.

Posición I-022-3: deseñada inicialmente para seccionamento, incorporouse unha saída en alta presión para unha futura rede de subministración, cambiándose o accionamento da válvula de corte manual, a accionamento telemandado, necesitándose a correspondente subministración de enerxía eléctrica que se efectuará mediante liña de baixa tensión con tendido aéreo desde un punto situado nas Caldas, a partir dunha liña de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Posición I-022-4: cambia a súa situación para instalala fóra de posibles inundacións, sendo necesario a correspondente subministración de enerxía eléctrica que se efectuará mediante liña de baixa tensión con tendido aéreo, a partir dunha liña de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

O encanamento construirase de aceiro de calidade X-42, segundo API 5L e con diámetros de 10'', dotada de revestimentos externos e dispositivos de protección catódica.

A presión de deseño efectiva é de 72 bar.

O caudal que se vai transportar para os consumos previstos ascende a 6.660 m (n)/h, non obstante o deseño previsto permite o transporte dun caudal de ata 71.000 m (n)/h.

Termos municipais afectados: Pontevedra (160 m), Ponte-Caldelas (740 m), Cotobade (165 m), O Carballiño (75 m), Maxide (305 m), Punxín (95 m) e Amoeiro (90 m).

Orzamento:

Provincia de Pontevedra: 2.757.195 ptas.

Provincia de Ourense: 4.316.122 ptas.

Orzamento total: 7.073.317 ptas.

Afección a predios particulares: a afección a predios particulares derivada da construcción das instalacións auxiliares obxecto desta addenda, concrétase na seguinte forma:

Uno.-Expropiación forzosa dos terreos sobre os que se construirán as instalacións fixas en superficie.

Dous.-Para o paso dos cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica:

A) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun metro de largo, por onde discorrerán enterrados os cables de conexión e elementos dispersores de protección catódica, que estará suxeita á prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e para realizar calquera tipo de obras, construcción ou edificación nunha franxa de terreo de 1,5 metros a cada lado do eixe das instalacións, así como o dereito a cortar ou arrincar árbores ou arbustos que houbera a distancia inferior á indicada.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación e na que se poderá facer desaparecer todo obstáculo,

así como realiza-las obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións ou operacións precisas ós ditos fins.

Tres.-Para as liñas eléctricas:

A) Imposición de servidume permanente de paso de liña eléctrica aérea nunha franxa de terreo de dous metros de largo ó longo desta, que implicará:

1. Prohibición de levantar edificacións ou construccións de calquera tipo, nin efectuar acto ningún que poida dana-lo bo funcionamento da liña nunha franxa de cinco metros de largo, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

2. Prohibición de plantar árbores de gran porte nunha franxa de dous metros de ancho, contando como centro da franxa a liña de postes do tendido.

3. Libre acceso do personal e elementos necesarios para poder vixiar, manter, reparar ou renova-las instalacións con pagamento, se é o caso, dos danos que se ocasionen.

B) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da superficie que se determina para cada predio nos planos parcelarios de expropiación.

O proxecto inclúe planos parcelarios e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados.

O que se face público para coñecemento xeral e especialmente dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo dito proxecto, a relación dos cales se inserirá ó final deste anuncio, para que poida ser examinado o expediente na Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio, edificio administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela e nas delegacións provinciais de Pontevedra, Rúa Nova de Abaixo, 2 e Ourense, r/ Curros Enríquez, 1-4º, podendo presentar por triplicado nos ditos centros as alegacións que se consideren oportunas, no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 1997.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

Relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados por servidume de paso

Instalacións auxiliares

Ramal Pontevedra-OurenseProvincia: OU-OurenseConcello: AO-Amoeiro

Abreviaturas utilizadas: SP-servidume de paso, OT-ocupación temporal, EX-expropiación en pleno dominio, POL-polígono, PAR-parcela, PO-posición, EPC-estación protección catódica, LE-liña eléctrica

Predio nºTitular e enderezoAfecciónDatos catastrais

SP mlOT mEX mPOLPARNatureza

OU-AO-45/1-POCándido Álvarez Fernández-Albeiros, 32170 Amoeiro, Ourense2469364Monte baixo

OU-AO-47-POJosé Benito Barros Ribera-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense54969365Monte baixo

OU-AO-48-POJosé Benito Barros Ribera-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense46269381Monte baixo

Predio nºTitular e enderezoAfecciónDatos catastrais

SP mlOT mEX mPOLPARNatureza

OU-AO-48/1-POComunidade de Veciños de Trasalba-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense3369382Monte baixo

OU-AO-48/2-POCllo. de Amoeiro-Estda. Tamallancos-Barbantes, s/n, 32170 Amoeiro, Ourense128Camiño

OU-AO-49-EPCAmalia Fernández Alonso-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense267869386Monte baixo

OU-AO-49-LEAmalia Fernández Alonso-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense63669386Monte baixo

OU-AO-49-POAmalia Fernández Alonso-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense21069386Monte baixo

OU-AO-50-LESaladina Piña Rodríguez-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense1810869383Monte baixo

OU-AO-50-POSaladina Piña Rodríguez-Albeiros-Trasalba, 32172 Amoeiro, Ourense1069383Monte baixo

OU-AO-51-EPCCllo. de Amoeiro-Estda. Tamallancos-Barbantes, s/n, 32170 Amoeiro, Ourense515Camiño

OU-AO-51-LECllo. de Amoeiro-Estda. Tamallancos-Barbantes, s/n, 32170 Amoeiro, Ourense530Camiño

OU-AO-52-EPCArturo Dopazo Novoa-Albeiros-Bregueira-Trasalba, 31270 Amoeiro, Ourense21564568272Monte alto, labor

OU-AO-52-LEArturo Dopazo Novoa-Albeiros-Bregueira-Trasalba, 31270 Amoeiro, Ourense1681.00868272Monte alto, labor

OU-AO-52/1-LEDeputación Provincial de Ourense-Xral. Franco, 60, 32005 Ourense848Estrada

OU-AO-52/2-LECllo. de Amoeiro-Estda. Tamallancos-Barbantes, s/n, 32170 Amoeiro, Ourense6364Camiño

3245