Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de abril de 1997 de notificación do requirimento de pagamento a Carmen Vidal Galbán. (Expediente C-2-CD/68, conta 545).

En cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Carmen Vidal Galbán, de conformidade co establecido no artigo 30 do texto refundido de VPO, R.D. 2960/1976, do 12 de novembro, e no apartado primeiro do artigo 138 do Regulamento de VPO, Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, o requirimento de pagamento dos recibos pendentes de pagamento, que ascenden a 309.294 ptas. ata o 13 de febreiro de 1997.

Por aplicación do disposto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, concédese un prazo de 10 días hábiles para que se poña ó día no pagamento ou compareza en trámite de audiencia na delegación provincial do IGVS, para presenta-los documentos e xustificacións que considere convenientes ó seu dereito.

Advírteselle que, no caso contrario, procederase á resolución do seu contrato e á incoación do oportuno expediente de desafiuzamento administrativo, co conseguinte lanzamento da vivenda, para a súa posterior adxudicación a outro beneficiario.

Fáiselle constar que se irán incorporando ó total da débeda os posteriores vencementos que resulten non pagados e que lle serán reclamados por tódolos medios legais.

Carmen Vidal Galbán, Expte.: C-2-CD/68. Cta. 545, Alcande Quintanilla Martínez, torre 2, edificio 7, planta 5ª B, Ferrol, 309.294 ptas.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 1997.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo

3385