En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e estatutos da Asociación de Promotores de Cogeneración de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódalas industrias e industriais que sexan promotores da instalación de plantas de coxeración de enerxía eléctrica en Galicia.
Asinan a acta de constitución: Roberto Tojeiro Díaz, en representación do Grupo Gadisa, e cinco persoas máis.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 1997.
Juan Pedrosa Vicente
Director xeral de Relacións Laborais
3574