Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.470

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/32-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a peti

ción de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Enderezo social: Avda. José Antonio, 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. de Coto.

Situación: concello da Lama.

Descricións técnicas: L.M.T., aéreo-subterránea, a 20 kV, o tramo aéreo de 100 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, e o tramo soterrado de 25 m con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. de Forzáns ata o C.T. que se proxecta en Coto, concello da Lama. C.T. de 500 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de marzo de 1997.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

3243