Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 16 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución dictada polo conselleiro no recurso interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña do 13 de abril de 1993.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase ós interesados, cos datos e últimos domicilios coñecidos que se citan na resolución do recurso de alzada número 93/1651 interposto contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo na Coruña, do 13 de abril de 1993, pola que se acordou dene

ga-la aprobación final do expediente C-VR-423/90, para rehabilitación dunha vivenda rural sita en Moreira-Touriñan-Muxía-A Coruña, da que a parte dispositiva di:

«Desestima-lo recurso de alzada número V-1651/93 interposto por María Luisa Alonso Salado, contra a resolución do delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) na Coruña, do 13 de abril de 1993, pola que se acordou denega-la aprobación final do expediente C-VR-423/90 para a rehabilitación dunha vivenda sita en Moreira-Touriñán-Muxía-A Coruña; resolución que se confirma.

Contra esta resolución que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, significándolle que debe comunicar previamente a esta consellería a dita interposición conforme o artigo 110.3º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

E para que conste e sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1997.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda

3242