Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Martes, 13 de maio de 1997 Páx. 4.468

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1997 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto, e con trámite de urxencia, da subministración, configuración e instalación de 56 impresoras para os Servicios de Resposta Inmediata (Seri).

Obxecto: contratación da subministración, instalación e configuración de 56 impresoras para os Servicios de Resposta Inmediata (Seri).

Orzamento de licitación: 4.872.000 pesetas.

Prazo de execución: 10 días naturais contados desde o seguinte ó da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería de Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 97.440 pesetas.

Fianza definitiva: 194.880 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 31 de xuño de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería de Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia para a con

tratación da subministración, instalación e configuración de 56 impresoras para os Servicios de Resposta Inmediata (Seri), que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 3 de xuño de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3239