Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.446

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

RESOLUCIÓN do 17 de marzo de 1997 pola que se anuncia a contratación dun préstamo.

1. Obxecto do contrato.

O presente concurso ten por obxecto o concerto dun contrato de préstamo por importe de 1.174.670.000 pesetas, coa finalidade de efectua-la

conversión da débeda viva deste concello, mediante a súa amortización anticipada.

2. Forma de selección do contratista.

A selección do contratista realizarase mediante o procedemento de concurso, con admisión previa de licitadores.

3. Capacidade para concorrer ó concurso.

Poderán acceder ó concurso toda clase de entidades de crédito e aforro que cumpran os requisitos de admisión previa que a continuación se detallan:

A) Que figuren inscritas no Rexistro Oficial do Banco de España.

B) Que dispoñan de oficina aberta ó público na provincia da Coruña.

As citadas entidades poderán concorrer de forma individual ou constituíndo un sindicato con outras da mesma natureza. No segundo caso, a entidade directora deberá indicar na súa oferta as que, en caso de adxudicación, integrarían o sindicato e as porcentaxes de participación de cada unha delas. As relacións entre o Concello de Ferrol e o sindicato canalizaranse a través da entidade que actúe como axente, que, necesariamente, deberá dispoñer de oficinas abertas ó público na provincia da Coruña.

4. Condicións particulares do contrato de préstamo e garantías do prestamista.

4.1. Contía do préstamo.

O importe do préstamo que se concertará queda fixado na cifra de mil cento setenta e catro millóns seiscentas setenta mil (1.174.670.000 ptas.).

A entidade adxudicataria ou a que actúe como axente, se a operación se lle adxudicase a un sindicato, situará en conta aberta a nome do Concello de Ferrol, o total importe do préstamo no prazo de 5 días naturais contados desde o día do asinamento do contrato, e non poderá percibir comisión ningunha polas transferencias que do dito importe realice o Concello de Ferrol para a amortización anticipada da débeda viva que constitúe a finalidade do contrato.

4.2. Tipo de xuro.

Para a fixación do tipo de xuro, o licitador poderá optar polas seguintes posibilidades:

a) Tipo de xuro fixo: neste caso o licitador deberá expresar na súa oferta tanto o tipo de xuro nominal coma a taxa anual equivalente (TAE), expresada esta última de acordo coa normativa bancaria vixente.

b) Tipo de xuro variable: neste caso, o licitador deberá determina-lo tipo de xuro aplicable tomando como referencia o valor que acade o MIBOR a tres meses, seis meses ou un ano, en cada momento de cálculo.

c) Operación mixta: unha parte da operación quedará suxeita ás condicións expresadas no apartado a) deste mesmo punto e outra parte, ás condicións expresadas no apartado b). O licitador indicará neste caso a parte do capital correspondente a cada caso.

Cada licitador poderá presentar unha ou varias propostas separadas nas que concretará a oferta económica para cada unha das alternativas expresadas na presente cláusula.

4.3. Comisións.

O licitador deberá expresar na súa oferta os importes correspondentes á comisión de apertura, comisión de cancelación anticipada, e calquera outra comisión ou gasto que considere por conta do prestamista, así como as súas datas de obriga de pagamento e liquidación.

4.4. Cancelación do préstamo.

A cancelación do préstamo realizarase mediante corenta e oito (48) amortizacións trimestrais consecutivas, cun mínimo de dous anos de carencia contados desde a sinatura do contrato.

Se o licitador optase pola modalidade de xuro fixo, para a cancelación do préstamo adoptarase o sistema de cota constante, para o que se construirá un cadro de amortización onde se detallará o importe correspondente á amortización de principal e pagamento dos seus xuros en cada cota.

Se o licitador opta pola modalidade de xuro variable, o préstamo cancelarase mediante corenta e oito (48) amortizacións trimestrais aproximadamente iguais. Neste caso, os xuros do préstamo calcularanse aplicándolle ó capital pendente de amortización en cada vencemento o tipo de xuro fixado polo licitador.

En caso de optar pola modalidade mixta, combinaranse adecuadamente os dous procedementos citados.

4.5. Garantías do prestamista.

O Concello de Ferrol afectará en garantía do cumprimento das obrigacións derivadas do contrato, o vinte por cento (20%) da súa participación anual nos ingresos do Estado que determine anualmente o Ministerio de Economía e Facenda. Igualmente, comprométese a manter unha conta corrente aberta na entidade prestamista. Esta conta será remunerada nas condicións establecidas con carácter xeral para o resto das entidades financeiras por este concello.

O Concello de Ferrol, durante a vixencia do contrato de préstamo e ata a total cancelación das súas obrigacións, consignará nos correspondentes orzamentos anuais as cantidades necesarias para facer fronte ó pagamento de xuros, comisións, etc., se é o caso, amortizacións derivadas do citado contrato.

5. Proposicións, lugar e prazo de presentación.

As proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse no rexistro xeral da corporación, en horario das 9 ás 13 horas, en dous sobres pechados, asinadas polo licitador ou persoa que o represente, nos que incluirá a documentación esixida na cláusula sétima.

O prazo de presentación será de 10 días contados a partir do día seguinte a aquel en que se publique o último anuncio de licitación no BOE, BOP ou DOG.

6. Información ós licitadores.

Calquera entidade de crédito ou aforro que cumpra as condicións establecidas no presente prego para concorrer, poderá consultar nas oficinas municipais a seguinte documentación:

a) Orzamento xeral de 1996.

b) Resumo por capítulos e artigos das liquidacións dos exercicios orzamentarios 1993, 1994 e 1995.

c) Detalle da débeda comprometida a 1 de xaneiro de 1997.

7. Documentación que presentarán os licitadores.

I. Sobre A: subtitulado: «Documentación para a admisión previa ó concurso convocado polo Concello de Ferrol para concertar un contrato de préstamo por importe de 1.174.670.000 ptas., presentado por...».

Dentro do sobre figurará a seguinte documentación:

a) Certificación acreditativa da inscrición como entidade de crédito ou aforro no Rexistro Oficial do Banco de España.

b) Declaración das oficinas que a entidade licitadora ou, no caso de adxudicación do contrato a un sindicato, a entidade axente, mantén abertas ó público na provincia da Coruña.

c) Escritura de constitución e de modificación, se é o caso, inscrita no Rexistro Mercantil.

d) Poder notarial no que se acredite a representación da persoa ou entidade en nome da cal concorre ante a Administración contratante.

e) Os poderes a que se refire o apartado d) da presente cláusula, deberaos verificar na súa suficiencia previamente o secretario da corporación municipal.

En consecuencia, os licitadores deberán cubrir previamente este requisito con anterioridade á presentación das ofertas.

g) Acreditación do cumprimento das obrigas tributarias e de Seguridade Social.

h) No suposto de concorrencia sindicada presentarase documentación acreditativa dos seguintes extremos: entidades que participan na citada sindicación, porcentaxes de participación de cada unha delas, entidade que actúa como directora ou axente, así como o documento no que se formalice a concorrencia sindicada asinado por tódolos representantes das entidades que forman parte dela, facendo constar, así mesmo, que aceptan o presente prego de condicións.

II. Sobre B: subtitulado: «Oferta económica presentada por... para o concurso convocado polo Concello de Ferrol para concertar un contrato de préstamo por importe de 1.174.670.000 ptas.».

Dentro do sobre figurará a seguinte documentación:

a) Oferta económica axustada a este modelo:

Don/Dna... con domicilio en... rúa... nº... código postal... teléfono... con DNI nº... ou pasaporte ou

documento que o substitúa, actuando en representación de... con domicilio... rúa... nº... código postal... toma parte no concurso convocado polo Concello de Ferrol, publicado no BOE nº..., para concertar un contrato de préstamo por importe de 1.174.670.000 ptas. e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e achega como anexo ó presente documento e como constitutivo da oferta económica o proxecto de contrato de préstamo.

..., ... de 1997.

(O/A licitador/a, asinado e rubricado).

b) Proxecto de contrato de préstamo.

Achegarase coa oferta económica, e conterá en todo caso as condicións establecidas con carácter mínimo neste prego e aqueloutras cláusulas xerais e particulares que considere oportuno incluí-lo licitador e que se recollerán na formalización do contrato se este resulta adxudicatario.

Tódalas páxinas deberán ir numeradas, seladas e asinadas.

8. Fianza provisional e definitiva.

Dadas as especiais características do contrato, quedan eximidas as entidades licitadoras da presentación de fianza provisional, así como a adxudicataria da presentación de fianza definitiva.

9. Documentos: copias e orixinais.

Os documentos que se xunten ás proposicións deberán ser orixinais; non obstante, admitiranse fotocopias dilixenciadas polo secretario ou funcionario en quen delegue, nas que se faga constar que foron compulsadas cos seus orixinais.

10. Criterios de selección.

Os criterios de selección do contratista virán definidos pola oferta cunhas condicións económicas que sexan máis favorables ó Concello de Ferrol, no sentido de supoñeren un curso financeiro previsiblemente inferior durante a vida do préstamo. Estes criterios derivaranse da avaliación da oferta económica concretada no proxecto de contrato.

11. Comisión técnica.

As ofertas presentadas serán avaliadas por unha comisión técnica que formulará proposta de adxudicación, A comisión técnica estará formada polos seguintes membros:

a) Membros da Comisión de Facenda e Patrimonio.

b) O interventor xeral.

c) O tesoureiro xeral.

d) O secretario xeral, con voz pero sen voto, que dará fe do acto.

12. Órgano de adxudicación.

O expediente, xunto coa proposta da comisión técnica e despois do dictame da Comisión de Facenda

e Patrimonio, será sometido ó Pleno da Corporación para a súa adxudicación, de acordo co regulado no artigo 53.2º da Lei 39/1988, reguladora das facendas locais. A Corporación resérvase o dereito de declarar deserto o concurso se ningunha das ofertas resultase vantaxosa para a Corporación e os licitadores non poderán esixir indemnización ningunha neste suposto.

13. Formalización do contrato.

Unha vez obtida a preceptiva autorización da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, notificaráselle á entidade adxudicataria para proceder ó asinamento do correspondente contrato que deberá formalizarse no prazo de 5 días a partir de tal notificación.

14. Disposición derradeira.

A cantidade de 1.174.670.000 ptas., que figura como obxecto do contrato, debe entenderse como contía máxima, no sentido de que se á sinatura do contrato de préstamo a débeda viva do Concello de Ferrol é inferior a esa cifra como consecuencia de amortizacións derivadas dos préstamos en vigor, o contrato de préstamo asinarase polo importe desta última.

Ferrol, 17 de marzo de 1997.

O alcalde

Rubricado

3268