Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.444

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Muller e Xuventude, pola que se fai pública a adxudicación dunha asistencia técnica por concurso público, mediante procedemento aberto e trámite de urxencia, para o deseño, maquetación e subministración de folletos informativos e carteis para Campaña Verán-97.

En cumprimento do disposto nos artigos 94 da Lei de contratos das administracións públicas e 24 do R.D. 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei, faise pública a adxudicación da seguinte asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: 5/1997.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: asistencia técnica.

b) Descrición do obxecto: deseño, maquetación e subministración de folletos informativos e carteis para a Campaña Verán-97.

c) Boletín ou Diario Oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 25-3-1997.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: catro millóns duascentas mil (4.200.000) pesetas, co IVE incluído.

5. Adxudicación:

a) Data: 21-4-1997.

b) Contratista: Alfer, Etiquetas en Continuo, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: tres millóns setecentas vinteoito mil cento oitenta e cinco (3.728.185) pesetas, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1997.

P.D. (Orde 15-12-1993)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería

de Familia, Muller e Xuventude

3336