Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.434

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional.

A base común 5, punto 2 da Orde do 19 de marzo de 1997 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional, establece que os tribunais que xulguen os procedementos de selección estarán integrados por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que no suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, poderán designarse profesores doutros corpos, de igual ou superior grupo, ou doutras especialidades.

Resultando necesario facer pública a data e a hora en que terá lugar o sorteo público,

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

O sorteo para determina-los catro vocais e, se é o caso, os suplentes correspondentes que xulgarán os procedementos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e de profesores técnicos de formación profesional, terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente, en servicio activo en centros dependentes desta consellería o próximo día 16 de maio de 1997, ás 9 horas na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Caetano, s/n -Santiago de Compostela.

Naquelas especialidades nas que non haxa, alomenos, seis funcionarios de carreira en activo, os tribunais serán designados directamente pola Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

Jaime García García

Director xeral de Persoal

3233