Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.425

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 15 de abril de 1997 pola que se anuncia a adxudicación de 4 bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre terminoloxía científico-técnica que se van desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, convocadas por Orde do 31 de xaneiro de 1997 (DOG número 46, do 7 de marzo).

Con substentación na proposta contida na acta da sesión celebrada o día 11 de abril de 1997 pola comisión seleccionadora para a adxudicación de catro bolsas de colaboración en diversos proxectos de investigación sobre terminoloxía científico-técnica que se van desenvolver no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro, segundo a convocatoria anunciada pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria no DOG nº 46, do 7 de marzo de 1997, e de conformidade co establecido na base terceira da referida orde de convocatoria, esta consellería,

RESOLVE:

Primeiro.-Conceder catro bolsas de colaboración en proxectos de investigación sobre terminoloxía científico-técnica que se desenvolverán no Centro de Investigacións Ramón Piñeiro segundo se detalla no anexo I á presente resolución.

Segundo.-De acordo co establecido na base segunda da convocatoria, a asignación mensual das bolsas ás que se refire o apartado anterior será de 122.000 ptas. mensuais, coa retención fiscal que corresponda.

Terceira.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, previsto na Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da súa publicación, despois de comunicarllo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos e nome dos bolseiros NIF

Fernández Pérez, José Luis36094912T

González González, Margarita35308713X

López Sández, María33329345E

Pena Romay, José Antonio52455539Z

3455