Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 5 de maio de 1997 pola que se clasifica como de interese cultural a Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea, con domicilio en Betanzos.

Supostos de feito.

1. Jesús Núñez Fernández na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito do nove de abril de 1997, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada en Betanzos, o día sete de abril de 1997, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña, Ramón Álvaro Blesa de la Parra co número catrocentos vintetrés do seu protocolo por Jesús Núñez Fernández, María Dolores Galilea Rodríguez, María del Carmen Galilea Rodríguez, Pedro Miguel González Galilea, Domingo Núñez Fernández, Miguel Ángel González Galilea, Miguel Ángel González Riera, Francisco Manuel Díaz Pereira, Manuel Lagares Pérez, interveñen no seu propio nome e dereito, agás Lagares Pérez, que o fai no exercicio do seu cargo, isto é, como alcalde-presidente do Concello de Betanzos, esta escritura foi rectificada por outra posterior de data dezaoito de abril outorgada ante o mesmo notario co número catrocentos oitenta e sete do seu protocolo.

3. Segundo consta no artigo catro dos seus estatutos o obxecto da fundación é a promoción e difusión das artes plásticas en xeral e da arte gráfica en particular.

4. O padroado da fundación estará constituído por Jesús Núñez Fernández como presidente, Pedro Miguel González Galilea como vicepresidente, Francisco Manuel Díaz Pereira como secretario, Domingo Núñez Fernández como tesoureiro e María Dolores Galilea Rodríguez, María del Carmen Galilea Rodríguez, Miguel Ángel González Galilea, Miguel Ángel González Riera e Manuel Lagares Pérez como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese cultural da Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese

galego, procede á súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2.c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense consideran cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día vinteoito de abril de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese cultural a Fundación Centro Internacional de la Estampa Contemporánea e adscribila á Consellería de Cultura e Comunicación Social que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3598