Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

APROBACIÓN inicial do procedemento de taxación conxunta da U.E. da praza do Rei (expediente 700/130).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 28 de decembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o expediente de expropiación polo procedemento de taxación conxunta da unidade de actuación da praza do Rei, sita no PERI zona vella.

Así como somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no BOP, DOG, Faro de Vigo e taboleiro do concello.

Vigo, 12 de marzo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2698