Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.420

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, na sesión celebrada o día catro dos actuais, acordou:

1. Aproba-lo estudio de detalle promovido por instancia da empresa Construcciones Mencello, S.L., dunha parcela situada no lugar e parroquia de Cacheiras, dunha superficie de 1.826,24 m, clasificada como solo Urta. nas normas de ordenación complementarias e subsidiarias do planeamento deste concello. O predio linda: norte, Anselmo Seoane; sur, Victoria Seoane; leste, estrada C-541; e oeste, Clemente Seoane.

2. Comunicarlle este acordo ó Servicio Provincial de urbanismo no prazo de dez días, e publicalo no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público en cumprimento do artigo 140 do Regulamento de planeamento.

Teo, 14 de abril de 1997.

Armando U. Blanco Martínez

Alcalde

3104