Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.418

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARZÚA

ANUNCIO.

Sendo aprobadas polo Pleno deste Concello, na sesión extraordinaria celebrada o día 20 de marzo de 1997, as condicións que haberán de rexer para a contratación dunha operación de préstamo.

Ábrese un período de información pública de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante os cales poderá examinarse o expediente na secretaría do concello, para formular as reclamacións que se considere procedentes.

De non producirse reclamacións considerarase o acordo definitivamente aprobado.

Simultaneamente anúnciase a apertura do prazo de presentación de proposicións ou ofertas por parte das entidades bancarias interesadas, por trinta días naturais a partir do día de hoxe.

Faise saber que, para o suposto de producirse reclamacións, o trámite de presentación de proposicións ou ofertas quedará suspendido e sen efecto ata que, logo da resolución de tales reclamacións, se acorde e publique o comezo dun novo trámite para a presentación de tales proposicións ou ofertas.

Para tal efecto publícanse agora aquelas condicións aprobadas, no sentido que a seguir se transcriben:

I. O tipo de xuro será variable, tomando como referencia o MIBOR a tres meses, seis meses ou un ano, en cada momento de cálculo, pero coa matización de que non poidan aplicarse incrementos do dito xuro MIBOR que oscilen á marxe dunha banda comprendida entre o 4% e o 8%.

II. A operación quedará libre de calquera tipo de comisión de apertura, gastos de corretaxe, cancelación anticipada ou outras a cargo do prestatario.

III. A solicitude de ofertas está dirixida a tódalas entidades bancarias asentadas neste municipio, así como a calquera outra entidade bancaria instalada dentro desta Comunidade Autónoma, pero coa matización de que aquelas oficinas que decidan presentar proposta, e pertenzan ó mesmo banco que as existentes no municipio, deberán presentalas a través da súa sucursal en Arzúa.

IV. No presente anuncio determinarase o comezo do prazo de presentación de proposicións ou ofertas, polo termo indicado de trinta días naturais.

V. En cumprimento das obrigas que incumben a este concello sobre pago de amortizacións e xuros, quedará garantido a través da recadación do imposto municipal sobre bens inmobles.

VI. Do total do importe do préstamo, cifrado en 60.000.000 de pesetas, 40.000.000 de pesetas deberán ser ingresados na conta corrente que para tal efecto se abrirá na entidade bancaria que fixese a proposta que resulte adxudicataria, e na data en que deba de efectuarse o pago do prezo xusto da expropiación forzosa; mentres que en relación cos 20.000.000 de pesetas restantes abrirase unha conta ou póliza de crédito, a un prazo máximo dun ano, para posibilitar o aboamento das obras sobre vías e espacios dotacionais que execute a empresa contratada para esto.

Esta segunda parte de 20.000.000 de pesetas terá unhas condicións diferenciadas e un tratamento distinto en canto ó devengo de xuros, con respecto á primeira parte dos 40.000.000 de pesetas, debendo ofertarse polas entidades que concorran: o tipo de xuro, comisións e gastos financeiros que a dita operación xere, tendo en conta o prazo máximo dun ano e as súa consideración diferenciada de conta ou póliza de crédito.

E, matizando que unha vez desembolsados pola entidade bancaria o total do importe de 20.000.000 de pesetas que integra a póliza de crédito, esta conta cancelarase e o dito importe sumarase á parte inicial do préstamo de 40.000.000 de pesetas; rexendo, a partir de entón, as condicións da operación financeira principal ó prazo que reste para completa-lo total de 20 anos; tendo en conta que o total do préstamo quedaría así integrado por ámbalas cantidades.

VII. A comisión técnica, que haberá de valora-las propostas e realiza-la súa apertura (ás doce horas do día seguinte hábil ó do remate do prazo da súa presentación), estará formada polos concelleiros da Comisión de Goberno, o tesoureiro e o secretario.

VIII. O prazo de duración da operación de préstamo que quedou detallada será de 20 anos, en canto ó pago de amortización e xuro, con dous anos de carencia.

IX. A competencia para adopta-lo acordo de aprobación desta operación de crédito ostentaríaa o Pleno do Concello, por canto o artigo 47 nº 3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local,

esixe para isto o voto favorable da maioría do número legal de membros da corporación.

X. A documentación, que se presentará mediante dous sobres, será a seguinte:

* Sobre A: documentación.

a) Certificación acreditativa da inscrición como entidade de crédito ou aforro no Rexistro Oficial do Banco de España.

b) Poder notarial no que se acredite a representación da persoa ou entidade a nome da cal se presenta a correspondente oferta, que deberá ser verificado polo secretario da corporación.

c) Declaración expresa de que a entidade interesada non se atopa incursa en ningunha das prohibicións para contratar ou incompatibilidades establecidas no artigo 20 da Lei 13/1995 de contratos das administracións públicas.

* Sobre B: oferta.

a) Oferta ou ofertas económicas que inclúan tódalas condicións particulares que se especifican no prego, de acordo co seguinte modelo:

Don/Dona..., con domicilio en..., rúa..., nº..., código postal..., teléfono..., con DNI nº..., actuando en representación de..., con domicilio en..., rúa..., código postal..., toma parte no concurso convocado polo Pleno do Concello de Arzúa, publicado no DOG nº..., do..., para concertar un contrato de préstamo por importe de 60.000.000 de pesetas; e fai constar que coñece e acepta o prego de condicións e xunta, como anexo ó presente documento e como constitutivo da oferta económica, o proxecto de contrato de préstamo.

En..., ... de 1997.

(O/a licitador/a. Firmado e rubricado).

b) Proxecto de contrato con previa apertura de conta de crédito, acompañado do cálculo estimado das cotas, ó cal se xuntará a oferta económica contendo, en todo caso, as condicións establecidas con carácter mínimo neste prego e aqueloutras cláusulas xerais e particulares que coide oportuno incluí-lo licitador e que se recollerán na formalización do contrato, se o mesmo resulta adxudicatario.

Arzúa, cinco de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Moscoso López

Alcalde

3147