Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.416

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 1997, do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás de Ourense, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do concurso público 3/1996 que ten por obxecto a contratación do servicio de seguridade.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o esta

blecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, do 22 de maio de 1996, (DOG número 111, do 6 de xuño), sobre delgación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas e para cumprimento do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos coas administracións públicas, acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte concurso:

C.P. 3/1996 servicio de seguridade á empresa Ausysegur, S.A., polo importe de 12.097.036 ptas. incluídos tódolos impostos.

Anuncios: o pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Ourense, 1 de marzo de 1997.

Miguel A. Santalices Vieira

Director xerente do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Cabaleiro Goás

3282