Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de abril de 1997, da Xefatura Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto N/AC/91.35. Alargamento e mellora da estrada AC-443. Tramo: A Pereira-Brandomil.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do estado en materia de expropiación forzosa.

Por resolución do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 30 de outubro de 1996, aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia en virtude do Decreto 414/1996, do 21 de novembro, acordou declara-la utilidade pública e a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios a efectos da expropiación para as mencionadas obras.

Na súa virtude e, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, esta xefatura, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar ós titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios dos concellos de Santa Comba, Mazaricos e Zas, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

-Concello de Santa Comba.

Lugar: Centro Municipal de Cultura.

DataHoraNúm. predio

2 de xuño de 1997Do 10 a 14Do 001 ó final

-Concello de Mazaricos.

Lugar: Colexio público de Antes.

DataHoraNúm. predio

3 de xuño de 1997Do 10 a 14Do 001 ó 050

4 de xuño de 1997Do 10 a 14Do 051 ó 100

5 de xuño de 1997Do 10 a 14Do 101 ó final

-Concello de Zas.

Lugar: Escola de Pudenza-Brandomil.

DataHoraNúm. predio

6 de xuño de 1997Do 10 a 14Do 001 ó final

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e o último recibo da contribución, podendo acompañarse se o consideran dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co obxecto de que os interesados poidan formular por escrito, ante esta Xefatura Provincial de Estradas da Xunta de Galicia na Coruña, praza Luís Seoane s/n, 8ª planta, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos na relación dos bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 29 de abril de 1997.

Antonio Fernández Sarasquete

Enxeñerio xefe

3506