Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.405

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se convocan unhas xornadas sobre a Administración e os medios de comunicación social.

A Escola Galega de Administración Pública organiza, en colaboración coa Facultade de Ciencias da Información de Santiago de Compostela, unhas xor

nadas sobre a Administración e os medios de comunicación social, conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Estudiar, desde unha perspectiva variada, as distintas vertentes e influencias que no horizonte actual e no futuro ofrecen e ofrecerán os medios de comunicación social.

2. Contido.

Trataranse, entre outros, estes temas:

-A universidade, a comunicación e a sociedade global.

-Redes, grupos multimedia e dinámica informativa no final do milenio.

-Políticas de comunicación: estado da cuestión.

-Unha nova Administración para a sociedade da información.

-A armazón de protección de datos-busca de información en Europa.

-Información e administración. Dereitos e deberes do xornalista, dos funcionarios e dos cidadáns no actual marco.

-Tendencias en comunicación. As fronteiras entre realidade e ficción.

-A comunicación institucional: novos horizontes.

3. Destinatarios.

Persoal o servicio de calquera das administracións públicas galegas e persoas interesadas en xeral.

4. Lugar e datas.

As xornadas convocadas terán lugar no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.

A repetida actividade abrirase o luns, día 19 de maio, ás 8.30 horas, e rematará, ás 14 horas do martes 20 de maio.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o venres, día 16 de maio de 1997.

-Lugar de presentación: no rexistro xeral da EGAP (Polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707, Santiago de Compostela). Teléfono 54 60 40. Telefax 54 63 37.

-Forma: as solicitudes de inscrición faranse por escrito, no modelo oficial que figura ó final destas bases. Serán rexeitadas todas aquelas peticións que non reúnan o dito requisito. As peticións de admisión poderanse enviar por correo ordinario ou por telefax ó número consignado.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión, chamando, a partir do día 14

de maio, por teléfono de 10.30 a 14.45 horas, ó seguinte número: (981) 54 62 39.

6. Certificación de asistencia.

Entregaráselles ó remate destas xornadas a aqueles asistentes que concorresen asiduamente a elas e

expresarase neste documento a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

2659