Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.401

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de Urbaser, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo de Urbaser, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-3-1997, subscrito en representación da parte económica, pola empresa e, da parte social, polo delegado de persoal o día 17-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con

notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de marzo de 1997.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo dos servicios de limpeza

do centro de traballo do porto da Coruña

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo aplicarase a todo o persoal adscrito ós servicios de limpeza do porto da Coruña, subcontratados á autoridade portuaria da Coruña.

Artigo 2º.-Duración, vixencia, prórroga e revisións.

Con independencia da súa publicación no BOP, este convenio iniciará a súa vixencia o 1 de xaneiro de 1997, con carácter indefinido, podendo ser denunciado para os efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural; seguindo vixente en tódolos seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído por outro convenio negociado entre as partes.

No caso de prórroga por un ou máis períodos, ó vixente convenio colectivo incrementaránselle anualmente tódolos conceptos económicos do IPC previsto máis 1 punto.

Artigo 3º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas vinculan á totalidade dos productores do centro de traballo no día da súa sinatura ós que no futuro puidesen contratarse.

Artigo 4º.-Garantía ad personam.

Calquera mellora que viñesen desfrutando os traballadores superior ó aquí pactada, garantirase estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións económicas establecidas neste convenio, compensarán e absorverán as existentes no momento da súa sinatura, respectando o estipulado no artigo 4º.

Os aumentos de retribucións que se puidesen producir no futuro por disposicións de xeral aplicación, só poderán afectar ó pactado, se consideradas en cómputo anual superan ás aquí pactadas, no caso contrario serán absorvidas e compensadas por estas, subsistindo o presente convenio nos termos do seu capítulo III.

Artigo 6º.-Cláusula de remisións.

Será de inmediata aplicación o convenio colectivo provincial de limpeza de edificios e locais da provincia da Coruña ou, se é o caso, o que o substitúa en todo o aquí non pactado, ou que estándoo sexa máis beneficioso para os traballadores, é dicir que non se realiza unha comparación global, senón conceptual, o que implica que cada mellora que exista naquel convenio será automaticamente de aplicación ós traballadores afectados por este, tanto se neste non existe a cláusula de referencia, como aínda existindo a mellorase. Non será de aplicación o convenio colectivo antes mencionado no relativo ó previsto no capítulo III (condicións económicas), deste convenio.

Artigo 7º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de interpretación, vixilancia e solución de conflictos do pactado neste convenio colectivo, créase unha comisión mixta paritaria integrada polo representante legal da empresa e o representante legal dos traballadores.

As partes asinantes deste convenio durante a súa vixencia acordan someterse ás disposicións contidas no acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA) nos propios termos neste formulados.

Capítulo II

Condicións de traballo

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 39 horas semanais, de luns a sábados, dispoñendo os traballadores de 10 minutos diarios para aseo persoal ó rematar cada unha das xornadas laborais de mañá e tarde, que contarán como xornada para tódolos efectos, non podendo ser descontados desta no caso de non lle da-la utilidade mencionada.

Establécese o Sábado Santo e o 16 de xullo (Virxe do Carme), como festivos non recuperables.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal adscrito a este convenio, desfrutará anualmente de 31 días de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función da data da súa incorporación á empresa.

O desfrute das vacacións será rotatorio, non estando ningún traballador obrigado a desfruta-las vacacións no inverno durante dous anos consecutivos, entendéndose como meses de inverno tódolos do ano, menos os de xullo a setembro, ambos inclusive.

As vacacións retribuiranse cunha mensualidade, exceptuando o plus de transporte.

Capítulo III

Condicións económicas

Artigo 10º.-Salario base.

O salario base do persoal afectado por este convenio será o que para cada categoría establécese na táboa salarial anexa, devengándose este por días.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% calculados sobre o salario base de cada un dos productores.

Artigo 12º.-Plus de asistencia.

Establécese un plus de asistencia anual na contía de 70.863 ptas., que se aboará por días efectivos de traballo, dividíndose para estes efectos entre 299 días.

Artigo 13º.-Incentivos.

O actual plus de incentivos mensual para todo o persoal queda fixado en 39.867 ptas./mes.

Artigo 14º.-Plus de conductor.

Percibirá este plus mensual o operario que efectúe este cometido e será de 10.424 ptas./mes.

Artigo 15º.-Plus de barredora.

Percibirá este plus mensual o operario que efectúe o manexo de barredora e será de 2.990 ptas./mes.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Para supli-los gastos ocasionados polo transporte ó centro de traballo, establécese un plus extrasalarial na contía de 53.978 ptas. que se aboará por días efectivos de traballo, dividíndose para estes efectos entre 274 días.

Artigo 17º.-Anticipos.

Os traballadores terán dereito a percibir sen que chegue o día sinalado para o cobramento, anticipos a conta do traballo xa feito, non podendo ser superior o 90% do realmente traballado.

Artigo 18º.-Pagamentos de salarios.

A empresa aboará as retribucións mensuais o último día de cada mes, e se este coincide en festivo, faríao o día anterior. A empresa concederá unha hora para o cobramento cando se faga por talón.

Artigo 19º.-Pagas extraordinarias.

Establécense 3 pagas extraordinarias: beneficios, xullo e decembro.

As pagas de xullo e decembro devengaranse semestralmente. A paga de xullo (devengarase do 1 de xaneiro ó 30 de xuño), aboarase coa mensualidade de xuño. A paga de decembro (devengarase do 1 de xullo ó 31 de decembro) aboarase o día 15 de decembro.

A paga extraordinaria de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ó 31 de decembro, e aboarase o día 15 de marzo do ano seguinte.

As pagas extraordinarias aboaranse a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 20º.-Cláusula de revisión. Incremento salarial.

O incremento salarial para o ano 1997 será do 3,6% en tódolos conceptos económicos.

No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa, superase a 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó 2,6% con respecto

ó 31 de decembro de 1996, efectuarase unha revisión salarial automática sobre tódolos conceptos económicos no exceso da mencionada cifra, tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 1997. No caso de prorroga de acordo co artigo 2º do convenio, por un ou máis anos, efectuarase unha revisión anual automática sobre tódolos conceptos económicos, que garante ós traballadores o IPC dela máis un punto.

Capítulo IV

Melloras sociais

Artigo 21º.-Incapacidade transitoria.

No caso de IT, por enfermidade común, a empresa complementará as prestacións da Seguridade Social ou organismo que a substitúa ata o cen por cento de tódolos conceptos económicos desde o día 10 desta, excepto horas extraordinarias.

No caso de que a IT requira hospitalización aboarase o cen por cen deste o primeiro día dela.

No caso de IT, por accidente, a empresa complementará ata o cen por cen de tódolos conceptos económicos desde o primeiro día dela.

Artigo 22º.-Fondo de anticipos.

Ó inicio da vixencia deste convenio créase pola parte económica e pola súa conta un fondo de anticipos para os traballadores afectados por este convenio colectivo, na contía de 700.000 ptas. anuais, que se concederán por solicitude individual de acordo co que segue:

1. Os anticipos concederanse por rigorosa orde de solicitude.

2. A contía máxima do anticipo será de 100.000 ptas. por traballador.

3. A amortización da cantidade solicitada será do 10% mensual a partir da mensualidade seguinte á súa adxudicación.

4. Non se terá dereito a novos anticipos ata que se amortice o anterior.

5. Estes anticipos concederanse con independencia do previsto no artigo 8º do convenio.

6. No caso de discrepancia esta será resolta pola comisión paritaria.

Artigo 23º.-Roupa de traballo e complementos.

A empresa entregará a cada productor anualmente dous traxes de verán e dúas camisas, dúas fundas, un traxe de auga, un anorak cada dous anos, botas de seguridade e botas de auga, segundo as necesidades, 2 toallas, xabrón para ducha e papel hixiénico.

Artigo 24º.-Revisión médica.

Anualmente se realizará como mínimo unha revisión médica a tódolos traballadores en horas de traballo, e por conta da empresa. A través da mutua de accidentes e enfermidade profesional que a empresa ten concertada.

Artigo 25º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores terán dereito a permisos retribuídos nos seguintes supostos:

a) 18 días naturais no caso de matrimonio.

b) 5 días no caso de enfermidade grave de familiares en primeiro grao.

c) 4 días no caso de falecemento dalgún familiar en primeiro grao.

d) 2 días no caso de falecemento ou enfermidade grave de familiares en segundo grao.

e) 1 día por falecemento de familias de terceiro grao.

f) 6 días por nacemento de fillos.

g) 1 por traslado de domicilio habitual.

h) Ó desfrute dos permisos necesarios para concorrer a exames, cando curse estudios para obtención dun título académico ou profesional, deberá acreditarse á concorrencia ós ditos exames.

i) Ó tempo necesario para asistencia a consulta.

x) Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber público ou persoal.

k) Polo tempo necesario para a renovación do carné de conducir ou de identidade.

Artigo 26º.-Licencias non retribuídas.

Durante o ano consideranse ata un máximo de 6 días de licencias non retribuídas a petición e segundo as necesidades dos traballadores.

Artigo 27º.-Seguro de vida.

A empresa subscribirá unha póliza de seguro colectivo a favor de todos e cada un dos traballadores afectados por este convenio, por un capital de 3.000.000 de ptas. para as continxencias de morte, incapacidade permanente total, incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez, derivados calquera deles de accidente laboral, incluído o accidente in itinere.

A empresa aboará como axuda no caso de morte dos traballadores, 500.000 ptas. para sufragar os gastos do enfermo.

Artigo 28º.-Xustificantes médicos.

A empresa confeccionará un modelo de xustificantes de asistencia a consulta médica para uso dos traballadores, no caso de enfermidade este volante, selado ou asinado polo médico será xustificante suficiente do tempo de ausencia do traballador.

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

O crédito horario dos representantes legais dos traballadores será acumulable anualmente.

Disposicións adicionais

Primeira.-En todo o non previsto neste convenio colectivo observarase o disposto no convenio provincial de limpeza da Coruña, ordenanza laboral do sec

tor, Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais lexislación vixente.

Segunda.-Os atrasos derivados deste convenio colectivo aboaranse na mensualidade da súa sinatura ou no caso de ser isto imposible na seguinte.

ANEXO I

Táboa salarial

CategoríasSal. basePlus

asistencia

Plus

transporte

Total anual

Enc. zona

portuaria

110.000

mes

2371972.253.241
Xefe equipo3.3702371972.251.255
Oficial 1 C3.3702371972.251.255
Oficial 1 B3.3702371972.251.255
Peón3.0322371971.982.801

3039