Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.333

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, pola que se fai pública a adxudicación definitiva dos contratos administrativos que se mencionan.

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, por delegación de competencias segundo a Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes contratos:

-Servicio de vixilancia do Instituto Politécnico-Marítimo Pesqueiro de Vigo e catro centros máis.

Adxudicatario: Antares de Seguridad, S.A.

Importe: 11.206.896 ptas.

-Servicio de limpeza do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e dous centros máis.

Adxudicataria: Limpiezas Compostela, S.L.

Importe: 10.725.360 ptas.

-Servicio de cociña-comedor, limpeza e lavandería da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.

Adxudicatario: Grupo Serunión, S.A.

Importe: 15.995.000 ptas.

En cumprimento do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, modificada polas leis 10/1973, do 17 de marzo e 10/1992, do 30 de abril.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 1997.

P.D. (O. 13-12-1993)

Víctor M. Vázquez Seijas

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura

3016