Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.332

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/125-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2-A Grela, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Silvaoscura.

Situación: Vedra.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 630 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Torre e Matelo e final no C.T. que se vai instalar en Silvaoscura. Centro de transformación aéreo, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Silvaoscura do que parte rede de baixa tensión en conductor R.Z. de 103 m de lonxitude. Vedra.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 3 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2944