Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.331

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 96/297-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T.- C.T.A., Camposoandres.

Situación: Tordoia.

Descricións técnicas: liña de M.T. a 20 kV, de 10 m de lonxitude, que parte da L.M.T. denominada Monzo-Barbaos, (Expte. 51039) y final no C.T. que se vai construír denominado Camposoandrés (Tordoia) C.T. de 50 kVA tipo intemperie. Conexión con R.B.T. a 380/220 V existente, que parte do C.T. denominado Camposoandrés (Tordoia).

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2943