Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2-A Grela, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Mallos.
Situación: Teo.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV, de 955 m de lonxitude, en conductor de Al tipo LA-56 que parte da L.M.T. Pontevea-Campos (Expte. 50.721) e remate no C.T. que se vai construír no lugar de Mallos de 50 kVA a 20 kVA a 20 kV-B2. Concello de Teo.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outu
bro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 31 de marzo de 1997.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
2946