Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.324

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

EDICTO (65/1997).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión e o seu partido xudicial, fai saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía número 65/1997, por instancia de Antonio Canosa Puente contra José Antonio Fidalgo Canosa e outros; nos seus autos, por resolución do día da data, acordouse empraza-los referidos demandados Juan Fidalgo Canosa e Fernando Fidalgo Canosa en paradoiro descoñecido, por edictos, para que no termo de dez días se constitúan en autos, baixo apercibimento de que de non se constituíren en parte serán declarados en rebeldía e recaerán sobre eles o prexuízo ó que houbese lugar en dereito.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e que lles sirva de emprazamento en forma ós demandados, expídese o presente edicto en Corcubión o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2866