Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.284

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 4474 A.T.)

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hortensio Díaz Becerra Chaos.

Enderezo social: rúa Illa de Man, 6, Lugo.

Denominación: L.M.T., C.T. a minicentral de Maseiriños.

Situación: Navia de Suarna.

Características técnicas: liña aérea de media tensión a 20 kV, en conductor LA-56 de 54,6 mm Al, sobre apoios de formigón ou metálicos cunha lonxitude de 311 metros. Centro de transformación de 630 kVA 20.000/380-220 V, para dotar de servicio eléctrico a minicentral de Maseiriños, en Navia de Suarna.

Orzamento: 1.965.335 pesetas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas intalacións, cunhas características que se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Lugo, 16 de xaneiro de 1997.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

3031