Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 06 de maio de 1997 Páx. 4.241

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 102/1997, do 17 de abril, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación das liñas eléctricas aéreas, a 15/20 kV trazadas entre a liña Sigrás-Celas de Peiro e o centro de transformación aéreo no lugar de Sueiro, no termo municipal de Culleredo, provincia da Coruña, e entre a liña Mesón do Vento-Alto do Vilar e o centro de transformación aéreo no lugar de Sobre da Fonte, no termo municipal de Cerceda, provincia da Coruña (expedientes 172/1995 e 174/1995).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Severo Ochoa nº 2 da Coruña, solicitou desta Consellería de Industria e Comercio, a concesión dos beneficios de expropiación forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución de dous proxectos de construcción de liñas eléctricas aéreas a 15/20 kV; unha de 572 m de lonxitude, con conductor LA-56 sobre apoios metálicos e de formigón, con orixe na liña Sigrás-Celas de Peiro e remate no centro de transformación aéreo en Sueiro, afectando no seu percorrido ó termo municipal de Culleredo (A Coruña) (expediente 172/1995), e outra de 248 m de lonxitude, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe na liña Mesón do Vento-Alto do Vilar e remate no centro de transformación aéreo en Sobre da Fonte que afecta no seu percorrido o termo municipal de Cerceda (A Coruña) (expediente 174/95).

As ditas instalacións autorizáronse, declaráronse de utilidade pública en concreto, e aprobáronse os seus proxectos de execución, por resolucións da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, do 18-4-1996 e 27-3-1996 respectivamente, as cales foron obxecto de publi

cación, inseríndose nos DOG do 7-6-1996 e do 29-4-1996, nos BOP da Coruña do 18-5-1996 e do 24-5-1996, e nos BOE do 24-5-1996 e do 26-4-1996 respectivamente.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ós presentes expedientes en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 6-8-1996, no BOP da Coruña do 19-7-1996, no xornal La Voz de Galicia do 23-7-1996, e nos taboleiros de anuncios das casas do concello de Culleredo e Cerceda e no da delegación provincial, ó mesmo tempo, na forma regulamentaria, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación, agás no caso do expediente 174/1995, o propietario do predio nº 10 con enderezo ignorado e do predio nº 13, por resultar de titular descoñecido, ós que se deu traslado das actuacións practicadas ó ministerio fiscal, segundo o artigo 5 da Lei de expropiación forzosa.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse alegacións ó expediente 172/1994 por parte de Montserrat Mallo Uzal, predio nº 1, de María Purificación Pastor Reborido, predio nº 5, de Elvira Cañas Vázquez, predio nº 11, de Manuel Barbeito García, predio nº 12, e de Alfredo Reborido Pose, predio nº 16, nas que manifestan que non se achegan datos importantes como a cualificación e uso segundo o Plan de Urbanismo de Culleredo e a superficie que se vai ocupar xa que en ningún momento se formulou a traza da liña eléctrica; que anexos á Autovía do Noroeste se construíron camiños de servicio que puidesen ser axeitados para o uso da instalación da liña eléctrica obxecto deste expediente, ó tempo que piden a variante do trazado sinalando que Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. prometeu estudiar diversas

alternativas. No que respecta ó expediente 174/1995, recibiuse alegación por parte de Antonio Ramallal Núñez, predio nº 1, indicando que no seu predio xa existe un transformador que dá servicio eléctrico a un lugar denominado Chousa da Viña, estando cruzado tamén na súa parte de monte por unha liña eléctrica, propoñendo substituí-lo actual transformador por outro máis potente que permita mante-lo actual servicio mailo previsto, levando a liña nova polo camiño de servicio que delimita o seu predio co lindante, o cal considera que está

en consonancia co exposto no punto a) do artigo 26 do Regulamento sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Á vista das alegacións e a contestación da empresa beneficiaria, despréndese que as alegacións formuladas polos reclamantes no caso do expediente 172/1995 carecen de todo fundamento, xa que os escritos que presentan, de conformidade co disposto no artigo 16 do Regulamento sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, non achegan ningún dato para rectificar calquera erro cometido na descrición dos predios, ni formulan ningunha alegación por razón do establecido nos artigos 25 e 26 sobre prohibicións e limitacións; no que respecta á alegación no expediente 174/1995, o reclamente non realizou ningunha alegación en relación co disposto no artigo 16 do Regulamento sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, xa que non rectifica ningún erro na relación de expropiación, realizándose as alegacións conforme o apartado a) do artigo 26 do xa citado regulamento, non sendo aplicable ó caso, xa que este artigo esixe necesariamente,

para que non se impoña a servidume de paso, que se cumpran conxuntamente as condicións a), b) y c).

Unha vez practicada, por técnicos da delegación provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Considérase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. xa que con esta liña se pretende substituír coa maior brevidade posible as instalacións existentes en mal estado e que nalgúns casos revisten perigosidade, e deste xeito asegura-la continuidade de subministración nos concellos de Culleredo e Cerceda, atendendo desta forma as constantes reclamacións dos aboados do sector polo mal servicio e mellorar este, podendo ademais darlles servicio ó maior número de aboados posible, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para a execución destas.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Con

sello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.

Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4º da lei citada, para realiza-las instalacións proxectadas e propostas por Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., das liñas eléctricas aéreas que unen a liña Sigrás-Celas de Peiro e o centro de transformación aéreo no lugar de Sueiro e a liña Mesón do Vento-Alto do Vilar e o centro de transformación aéreo no lugar de Sobre da Fonte.

Os bens e dereitos os que afecta esta disposición sitúanse nos termos municipais de Culleredo e Cerceda (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, a cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3436