Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.206

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, da contratación do servicio técnico para a reparación e reforma da batea de prácticas de ensinanzas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

De acordo co establecido na lexislación vixente sobre contratos das administracións públicas, a Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura anuncia a convocatoria de licitación do contrato de reparación e reforma da batea de prácticas de ensinanzas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Obxecto: contratación da reparación e reforma da batea de prácticas de ensinanzas do Instituto Galego de Formación en Acuicultura da Illa de Arousa.

Orzamento e tipo: cinco millóns de pesetas (5.000.000 de ptas.), impostos incluídos.

Prazo de execución: tres meses.

Documentos de interese: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores nas dependencias do Servicio de Ensinanzas Marítimo-Pesqueiras (Rúa dos Irmandiños, s/n, Santiago de Compostela), na oficina de información da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela (edificio administrativo de San Caetano), así como nas delegacións territoriais desta consellería, durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina.

Prazo e presentación de propostas: as proposicións presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

Apertura de proposicións: faraa a mesa de contratación, que se reunirá nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do terceiro día hábil contado a partir do seguinte ó do remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado, a mesa reunirase o luns seguinte á mesma hora.

Fianza provisional: non se esixe.

Fianza definitiva: 200.000 ptas.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1997.

P.O. (14-12-1993)

Ana Gallego Castro

Directora xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

3373