Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.200

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO ECONÓMICO E SOCIAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997 pola que se declara aprobada a lista de admitidos para as probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinido.

A Resolución do 14 de marzo de 1997 pola que se convocan probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materia socioeconómica con contrato laboral de duración indefinida, publicada no DOG do 21 de marzo de 1997, sinala na base cuarta que o presidente do CES-Galicia dictará resolución no prazo dun mes, desde que remata o prazo de presentación de instancias, declarando aprobada a lista definitiva de admitidos e excluídos.

Conforme o exposto, e rematado o devandito prazo o 21 de abril de 1997, o presidente do CES-Galicia,

RESOLVE:

Declarar aprobada a lista de admitidos e excluídos para as probas selectivas para ingresar no Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia, como expertos en materias socioeconómicas con contrato laboral de duración indefinido.

A devandita lista está exposta no taboleiro de anuncios do CES-Galicia, rúa Algalia de Abaixo, 24, Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1997.

Luis Suárez-Llanos Gómez

Presidente do Gabinete Técnico do Consello Económico e Social de Galicia

3151