Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.146

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1997 pola que se anuncia, polo sistema de concurso aberto, trámite de urxencia, as contratacións das obras de: proxecto básico e de execución para intervencións puntuais de rehabilitación (forxado teito 2ª planta) no convento de San Paio (Santiago de Compostela); proxecto básico e de execución para intervencións puntuais de rehabilitación (cuberta e cano de tellado) no convento de San Paio (Santiago de Compostela) e proxecto de rehabilitación e posta en valor da ponte de Villestro (Santiago de Compostela).

Esta Consellería de Cultura e Comunicación Social, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación das obras de:

-Proxecto básico e de execución para intervencións puntuais de rehabilitación (forxado teito 2ª planta) no convento de San Paio (Santiago de Compostela).

-Orzamento de licitación: oito millóns seiscentas sesenta e seis mil cincocentas setenta e oito pesetas (8.666.578 ptas.) IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Proxecto básico e de execución para intervencións puntuais de rehabilitación (cuberta e cano de tellado) no convento de San Paio (Santiago de Compostela).

-Orzamento de licitación: nove millóns seiscentas noventa e cinco mil duascentas seis pesetas (9.695.206 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Proxecto de rehabilitación e posta en valor da ponte de Villestro (Santiago de Compostela).

-Orzamento de licitación: nove millóns catrocentas oitenta e catro mil setenta e sete pesetas (9.484.077 ptas.), IVE incluído.

-Prazo de execución: tres (3) meses.

-Clasificación esixida: grupo K, subgrupo 7, categoría c.

-Nestas obras non se esixe fianza provisional.

-Exposicións da documentación: o proxecto, os pregos de prescricións técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifiesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura e Comunicación Social, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será de 13 días naturais contados a partir do día seguinte á publicación da presente resolución no DOG.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que opten a máis dunha obra deberán presentar toda a documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso correrá por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1997.

José Mª. Sánchez González

Secretario xeral da Consellería de Cultura

e Comunicación Social

3017