Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.145

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/170-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Mapfre, Cabana e Var. Ponte da Pedra.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 75 m de lonxitude en conductor R.H.V. de 240 mm que parte da L.M.T. a C.T. campo de fútbol de Elviña e final no C.T. que se vai construír no edificio Mapfre en Cabana e variación da L.M.T. existente nunha lonxitude de 360 m e conductor R.H.V de 240 L e L.M.T. de 230 m e conductor

R.H.V. de 95 L, a C.T. Louzao. C.T. tipo subterráneo de 630 kVA a 15 kV B-2. Concello da Coruña.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran no mesmo e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

2936