Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.143

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 1 de abril de 1997, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (PO-01694-I-96 e tres máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós/ás denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas pola xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, facultada polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñer alegacións, perante o Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, no prazo de quince días contados desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas notificacións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e sirva de notificación ós/ás denunciados/as de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, sobre réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 1 de abril de 1997.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01694-I-96

Axencia carga

fraccionada

Servicio provincial

de Transportes

Autorizacións

Transportes Galicia, S.L.

r/ López Mora, 66

36211 Vigo

Non realiza-lo visado correspondente ó bienio 1996/1997 da autorización da actividade e titularidade, no prazo determinado pola resolución da Dirección Xeral de Transportes Terrestres do 19-9-1995 (BOE nº 235, do 2-10)

1-6-1996

Art. 142 N) LOTT

Art. 199 N) ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-01473-O-96

B-3963-KU

G.C. Tráfico

Confort Elec, S.L.

Avda. Fragoso, 54

Vigo

36210 Pontevedra

Circular transportando paneis de mobles de cociña desde Mos a Vigo, carecendo da autorización administrativa. Servicio privado. Vehículo lixeiro.

4-9-1996; 12.20; N-120; 667

Art. 141 B)

en Relac.

142 M) LOTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-01589-O-96

PO-6658-AJ

G.C. Tráfico

Sumysec y Silma, S.L.

Marqués de Valterra, 15

Vigo (Pontevedra)

Circular transportando flores desde Ourense ata Pontevedra, carecendo da tarxeta de transportes. Ostenta tarxeta de transportes ano 1992, privado MPC-Nacional e distintivos servicio privado. Vehículo lixeiro.

4-10-1996; 15.50; N-541; 65.050

Art. 141 B)

en Relac.

142 M) LOTT

Art. 103 LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-01081-O-96

M-7067-KS

G.C. Tráfico

Tejero Cabañas, José María

Avda. dos Estados, 6

Fuenlabrada

28940 Madrid

Circular de Vigo ata Madrid cunha carga que excede das dimensións máximas autorizadas. Transporta un barco, o cal ten un largo de máis de tres metros, carecendo de autorización especial para realizalo. Servicio privado.

22-5-1996; 19.50; N-120; 658

Art. 141 Q) LOTT

Art. 198 R) ROTT

143 LOTT

201 ROTT

50.000

97-3220