Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Venres, 02 de maio de 1997 Páx. 4.142

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1997 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso público, procedemento aberto e con trámite de urxencia, da subministración de mobiliario para os servicios de resposta inmediata (Seri).

Obxecto: contratación de subministración de mobiliario para os servicios de resposta inmediata (Seri).

Orzamento de licitación: 26.000.000 de pesetas.

Prazo de execución: 20 días contados desde o seguinte ó da adxudicación.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Planificación e Coordinación Informática da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita na Casa da Radio, s/n, San Caetano, en Santiago de Compostela.

Fianza provisional: 520.000 pesetas.

Fianza definitiva: 1.040.000 pesetas.

Modelo de proposición: o que figura como anexo II ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse, en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día 20 de maio de 1997.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Adminis

tración Pública da Xunta de Galicia, para a contratación da subministración de mobiliario para os Servicios de Resposta Inmediata (SERI), que presenta Don/Dona... en nome... (propio ou da entidade que representa)».

Apertura de proposicións: en acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (semisoto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do día 23 de maio de 1997.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3372