Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.092

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 14 de abril de 1997, acordou aprobar inicialmente a revisión do planeamento de Pontedeume, dispoñendo someter a información pública a documentación integrante da dita revisión, durante o prazo de corenta e cinco días, contados desde a aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo, calquera entidade ou persoa interesada poderá coñecer e examina-la documentación integrante da revisión nas dependencias municipais de urbanismo e presenta-los escritos de alegacións que consideren convenientes.

As áreas do territorio obxecto do planeamento nas que as novas determinacións supoñen modificación do réxime urbanístico vixente e que, polo tanto, quedan afectadas pola suspensión de licencias a que se refire o artigo 120 do Regulamento de planeamento, son as seguintes:

Solo urbano: áreas de Z-1B, que cambian Z-1C2 e Z-1C3.

Solo urbanizable: áreas de Z-5 e as seguintes áreas de Z-6. Punta Carboeira e Vila Romana de Centroña. Zonas de Caldagueiro e Sopazos entre o ferrocarril e o mar.

Solo non urbanizable: áreas de Z-3, Z-4 e as de solo non urbanizable común que pasan a ser de especial protección ou a integra-lo solo de núcleos rurais.

Pontedeume, 16 de abril de 1997.

Belarmino Freira Bujía

Alcalde

O DIARIO OFICIAL DE GALICIA

VÉNDESE:

NA CORUÑA:EN PONTEVEDRA:

Na librería Arenas, Cantón Grande, 21En Luís Paredes Rey, rúa Benito Corbal, 1.

Na librería Inoa, Federico Tapia, 55.Na librería Gonzalo Rey, rúa Benito Corbal, 29.

EN FERROL:

Na librería Central Librera, rúa Dolores, 2 e 4.EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:

Na librería Egea, rúa Sol, 74.Nos edificios administrativos de San Caetano,

edificio central, planta baixa, rexistro xeral.

EN LUGO:Na librería Toral, Cantón do Toural, 7.

Na librería Souto, praza de España, 14.Na papelería Xaquín, Rúa Nova de Abaixo, 10.

EN OURENSE:

En Aníbal e Hijos, S.L., Avda. da Habana, 65.EN VIGO:

No quiosco «La Viuda», rúa Lamas Carvajal, 46.En Librería Colón, rúa Colón, 22.