Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión celebrada o día 20 de marzo de 1997, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial o proxecto de adecuación do ámbito de U.A. 69 redactado polo arquitecto do módulo de promoción e desenvolvemento deste concello, Santiago González García, que ten por obxecto a súa adaptación ás características topográficas do terreo e límites da propiedade.

2. Aprobar con carácter inicial o estudio de detalle da U.A. 69 coa adecuación do ámbito prevista no punto anterior, redactado polo arquitecto do módulo de promoción e desenvolvemento deste concello, Santiago González García, que ten por obxecto adaptar e reaxusta-las aliñacións e establecer rasantes nas vías que define o plan xeral, así como ordena-los volumes edificatorios correspondentes á unidade.

Durante un prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, poderán ser examinados os expedientes e formularse as alegacións que se coiden pertinentes.

Culleredo, 4 de abril de 1997.

Ricardo Seoane Candamio

Alcalde en funcións

2821