Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 4.090

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a redacción do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valorada de centralización de centros de mando da iluminación pública na zona da Gaiteira-Parque Europa.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: 097/26.

2. Obxecto do contrato: redacción do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valorada de centralización de centros de mando da iluminación publica na zona da Gaiteira-parque Europa.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 21.600.102 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 432.002 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: grupo I, subgrupo 1, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: dous meses contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. En caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido deles («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de redacción do proxecto e execución das obras comprendidas na memoria valorada de centralización de centros de mando da iluminación pública na zona da Gaiteira-parque Europa».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 17 de abril de 1997.

O alcalde

P.D.

Rubricado

3310