Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 3.983

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de abril de 1997 pola que se resolve o concurso público convocado na do 11 de novembro de 1996, pola que se regula a concesión de subvencións a empresas editoriais para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega.

A Orde do 11 de novembro de 1996 (DOG do 10-12-1996) regula a concesión de subvencións a empresas editoriais, legalmente constituídas, para a edición de libros e materiais didácticos, para niveis non universitarios, impresos en lingua galega.

Visto o informe-proposta formulado pola comisión constituída ó abeiro do artigo 10 da devandita orde, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º

A concesión de axudas na contía que se indica ós proxectos relacionados no anexo I desta orde.

Artigo 2º

Desestima-los proxectos que aparecen relacionados no anexo II por non acadaren a prioridade suficiente de acordo cos criterios establecidos na Orde do 11 de novembro de 1996.

Artigo 3º

Excluí-los proxectos relacionados no anexo III desta orde, por seren presentados fóra do prazo ou seren presentados por entidades non previstas no artigo 1º da orde de convocatoria.

Artigo 4º

As empresas ás que lles sexan subvencionados proxectos deberán presentar ante a Dirección Xeral de Política Lingüística a aceptación da subvención concedida no prazo máximo de dez días, contados a partir da publicación desta disposición no DOG, segundo o establecido no artigo 12º da Orde do 24 de novembro de 1995.

Artigo 5º

A presente disposición pon fin á vía administrativa, segundo o disposto no artigo 109 e) da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1997.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

Expte. Razón socialAsuntoCant.

Expte. Razón socialAsuntoCant.

Expte. Razón socialAsuntoCant.

Expte. Razón socialAsuntoCant.

ANEXO II

Expte. Razón socialAsuntoCant.

Expte. Razón socialAsuntoCant.

Expte. Razón socialAsuntoCant.

ANEXO III

Expte. Razón socialAsuntoCant.

97-3335