Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 30 de abril de 1997 Páx. 3.983

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 2 de decembro de 1996 pola que se convoca proceso selectivo para o acceso a categorías correspondentes ó grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 242, do 12 de decembro de 1996, cómpre efectua-las seguintes correccións:

Na páxina 11.325, na categoría 63, oficial 1ª conductor/a//conductores/as 1ª//conductores/as altos cargos//conductor/a mecánico/a, tema 1, onde di: «Código de circulación», debe dicir: «Real decreto lexislativo 339/1990, do 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, e regulamento que o desenvolve aprobado polo Real decreto 13/1992, do 17 de xaneiro».

3174