Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.972

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 1997, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, pola que se anuncia a poxa pública de dúas propiedades do Estado, ramo de Defensa no Ferrol (A Coruña).

1. Batería de Prior Norte (B-2).

-Situada no T.M. de Ferrol, en cabo Prior, ó NE do faro existente nas súas inmediacións.

-Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 638, libro 148 de Serantes, folio 54, predio 14.378, inscrición 1ª.

-Superficie segundo rexistro 22.685. Superficie real sobre plano de 27.252 m. Solo non urbanizable segundo o Plan xeral urbano.

-Cantidade mínima para a poxa: 9.662.715 pesetas.

2. Aloxamento da antiga batería A.A. de monte Covas.

-Situado no lugar de Balón, T.M. de Ferrol, ó inicio do camiño de acceso da batería.

-Figura inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol, tomo 764, libro 188, folio 100, predio 18.452, inscrición 1ª.

-Superficie segundo rexistro 6.694 m, ocupada por edificios 300 m e 600 m de cuberta aproximadamente.

-Cantidade mínima para a poxa: 2.115.809 pesetas.

Foi declarada a súa desafectación, alineabilidade e posta ó dispor da Xerencia de Infraestructura de Defensa, con datas de 12 de maio de 1994 e 2 de outubro de 1990.

O acto da poxa celebrarase perante a mesa constituída para o efecto, na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, en Madrid, día 22 de maio de 1997, a partir das 11 horas.

Información e pregos: na Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, Madrid, teléfono (91) 542 08 09, e nas oficinas da delegación GINDEF na Coruña, r/ Costa da Palloza, 1, 2º, departamento 7, teléfono (981) 13 23 18, en horario de oficina.

Madrid, 17 de abril de 1997.

Jesús Melgar Fernández

Xeneral director-xerente