Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 1997 pola que se anuncia a contratación mediante concesión da xestión indirecta do servicio de inmobilización, retirada e traslado de vehículos da vía pública.

De conformidade co disposto no art. 79 da LCAP anúnciase o concurso, por procedemento aberto, para a adxudicación mediante concesión da xestión indirecta do servicio de inmobilización, retirada e traslado de vehículos da vía pública, conforme o seguinte contido:

Obxecto do contrato.-É obxecto do contrato a adxudicación mediante concesión da xestión indirecta do servicio de inmobilización, retirada e traslado de vehículos da vía pública de Ourense.

Duración do contrato.-A concesión administrativa que se outorgue a quen resulte adxudicatario desta licitación terá unha vixencia de oito anos contados a partir da data en que se formalice o correspondente contrato en documento público, administrativo ou notarial. O dito prazo computarase de data a data e poderá ser prorrogado tacitamente por anualidades ata o máximo estipulado pola lei, agás denuncia con antelación de tres meses de calquera das partes.

Tipo de licitación: 61.000.000 de ptas.

Garantía provisional: 3.050.000 ptas.

Presentación de proposicións.-No rexistro xeral de 9 a 13 horas, no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte a aquel no que apareza inserido o anuncio no BOP e no DOG.

Apertura de proposicións.-Terá lugar o día hábil seguinte ó que remate o de presentación de proposicións, ás 12 horas, no salón de sesións do concello.

Modelo de proposición.-Recollido no prego de condicións económico-administrativas.

Expediente.-Exposto ó público no Departamento de Tráfico (prazo de San Martín, nº 1).

Ourense, 25 de marzo de 1997.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3215