Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.970

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997 pola que se anuncia a licitación polo sistema de poxa polo procedemento aberto -trámite de urxencia- das obras que se citan (claves OH.527.263 e catro máis).

A) Obra.

1. Saneamento e abastecemento a Barreiros-terceira fase. (Lugo).

Clave: OH.527.263.

Orzamento: noventa e nove millóns novecentas sesenta mil novecentas setenta e cinco pesetas (99.960.975).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c. Grupo C, subgrupo 2, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Abastecemento de auga ás parroquias de Angoares, San Mateo, Moreira, Cristiñade e Ganade-desagregado, segunda fase. (Ponteareas-Pontevedra).

Clave: OH.236.364.

Orzamento: oitenta e sete millóns oitocentas dezaoito mil trescentas vintedúas pesetas (87.818.322).

Prazo de execución: 24 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

3. Abastecemento e saneamento na praza maior, rúa Fernández Losada e travesía San Roque de Celanova. (Celanova-Ourense).

Clave: OH.532.306.

Orzamento: cincuenta e oito millóns cincocentas trinta e sete mil cento corenta pesetas (58.537.140).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

4. Abastecemento e saneamento en Ramirás. (Castrelo de Miño-Ourense).

Clave: OH.532.311.

Orzamento: corenta e nove millóns corenta e sete mil novecentas vintenove pesetas (49.047.929).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

5. Abastecemento de auga a Verín. (Ourense).

Clave: OH.232.312.

Orzamento: corenta millóns de pesetas (40.000.000).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c.

Fianza provisional: non se esixe.

(Declaradas urxentes conforme o establecido no artigo 72 da Lei de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como os proxectos, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no Organismo Autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás 10 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1997.

Emilio García Gallego

Presidente do Organismo Autónomo Augas

de Galicia

97-2760