Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.961

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 29 abril de 1997 pola que se anuncia o concurso público de tramitación urxente para a prestación do servicio e xestión das actuacións para a celebración, no Centro de Estudios Galegos da Universidade Estatal de San Petersburgo (Federación Rusa), da exposición O Libro Galego Hoxe.

De acordo co establecido no prego de cláusulas administrativas particulares polas que se rexe o contrato de servicios arriba indicado (e que, xunto coa restante documentación de interese para os licitadores, pode ser adquirido no servicio de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 44 00), faise público:

1. Obxecto: prestación do servicio e xestión das actuacións para a celebración, no Centro de Estudios Galegos da Universidade Estatal de San Petersburgo (Federación Rusa), da exposición O Libro Galego Hoxe que vai ter lugar na sede do Lectorado de Galego entre o 26 e o 29 de maio de 1997.

2. Orzamento: 15.000.000 de ptas., IVE incluído.

3. Presentación de proposicións: as ofertas serán presentadas en sobres cerrados e asinados polo licitador, ou a persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano, ata as 14 horas do día 12 de maio de 1997.

4. Apertura de proposicións: a apertura das ofertas presentadas en prazo hábil terá lugar en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, no edificio administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela, ás 11 horas do día 15 de maio de 1997.

5. Anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 1997.

Manuel Regueiro Tenreiro

Director xeral de Política Lingüística

7216