Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997 pola que se designa a data, a hora e o lugar para a celebración do sorteo público o que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidad co establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo, cómpre realizar, previa á convocatoria dos procesos de selección e con validez para todos eles, o sorteo público no que se determinará a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección que se deriven da oferta de emprego público correspondente ó ano 1997, debendo recollerse o resultado do dito sorteo en cada convocatoria.

En consecuencia, resólvese celebra-lo mencionado sorteo en acto público o día 5 de maio ás 10 horas no salón sito na última planta do edificio da Consellería da Presidencia e Administración Pública, edificio de San Caetano, en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3163