Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 16 de maio de 1996 acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do plan especial de reforma interior da Escardia.

A citada modificación puntual comprende os seguintes apartados:

-Exclusión do ámbito de actuación das parcelas número 2 e 2' e parte da número 1 na Avda. Rivero de Aguilar en da parcela número 16.

-Traslado dos edificios sitos ó norte da escola da Escardia.

-Modificación do largo do tramo de rúa da Escardia comprendido entre a rúa Santa Lucía e a praza Xoán XXIII.

As ordenanzas do PERI da Escardia non se modifican, excepto no que se refire ó número total de vivendas construíbles, que pasan de 330 a 324 e a edificabilidade máxima construíble que se reduce de 50.000 m a 49.090 m (apartado 4.3.2.1. das condicións de volume e hixiénicas e parágrafos d) e e) do artigo 1 das condicións de aproveitamento e volumetría do apartado 4.3.3., normas particulares de cada zona do vixente PERI).

O Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 20 de marzo de 1997 aprobou o texto refundido do plan especial de reforma interior da Escardia.

O que se fai público para xeral coñecemento de conformidade co establecido no artigo 124 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo.

Vilagarcía de Arousa, 7 de abril de 1997.

Joaquín J. Gago López

Alcalde

2965