Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.926

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 2 de abril de 1997, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de propostas de resolución de expedientes sancionadores (C-1796/1996 e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a proposta de resolución dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99 do 27 de maio e BOE do 30 de setembro), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Coruña (Ramón y Cajal, 1-Casa do Mar, 5ª planta, A Coruña), e presentar perante a citada delegación as alegacións que consideren pertinentes, conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Nº de expediente: C-1796/96.

Denunciado: José Ramón Rumbo Zapata.

Enderezo: Begonias, 30, A Coruña.

Nº de expediente: C-1917/96.

Denunciado: Rafael Ventureira Casal.

Enderezo: Atocha, 32-1º, A Coruña.

Nº de expediente: C-2081/96.

Denunciada: Josefa Loureiro Fernández.

Enderezo: Noia, 61-2º E, A Coruña.

A Coruña, 2 de abril de 1997.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

2880