Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.920

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

AVISO do 26 de marzo de 1997, da Xefatura de Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña, polo que se anuncian os traballos de investigación da propiedade na zona de concentración de Maceda-Orois (Melide-A Coruña).

Ponse en coñecemento dos interesados na concentración parcelaria da zona de Maceda-Orois (Melide-A Coruña), declarada de utilidade pública e urxente execución polo Decreto 47/1997, do 20 de febreiro (DOG nº 52, do 17 de marzo), que se anuncia que os traballos de investigación da propiedade para

efectos de concentración, darán comezo o día seguinte ó da publicación deste aviso no Diario Oficial de Galicia e prolongaranse por un período de quince días hábiles, no lugar habilitado para o efecto na mesma parroquia.

Requírese ós propietarios, alugados e parceiros e en xeral, ós cultivadores e titulares de calquera dereito, para que dentro do indicado prazo, lle presenten ó persoal encargado dos meritados traballos, os títulos en que funden o seus dereitos e declaren en todo caso os gravames ou situacións xurídicas que afecten ós seus predios ou dereitos.

Requírese tamén a cantos actualmente utilizan augas públicas, para que indiquen no predio ou predios que regan con ela, así como se está inscrito o aproveitamento no rexistro da comisaría de augas ó seu favor ou ó doutra persoa, ou noutro caso, data desde a que veñen utilizando as augas públicas, por si ou polos seus causantes, achegando en todo caso, as probas que acrediten estas situacións.

Advírtese os propietarios dos predios que non aparecesen neste período, que estes serán considerados como de descoñecidos e daráselles o destino sinalado na Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, igualmente advírtese que a falsidade destas declaracións dará lugar, con independencia das sancións penais, á responsabilidade por danos e prexuízos que se deriven da dita falsidade ou omisión.

Os traballos de concentración afectarán á totalidade das parcelas pertencentes ás parroquias de Maceda e Orois do concello de Melide; polo tanto, os propietarios destes deberán, no seu propio interese, ademais de face-la declaración das súas parcelas, segui-lo desenvolvemento dos traballos de concentración para facer vale-los seus dereitos no momento oportuno.

A Coruña, 26 de marzo de 1997.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Xefe do Servicio de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Coruña

2874