Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle da U.E. IV-03 Bailén (expediente 3567/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de febreiro de 1997, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da U.E. IV-03 Bailén presentado pola comunidade de bens Rodríguez Valcárcel e redactado pola arquitecta Isabel Valdés Figueroa con visado do COAG, con data 10 de xaneiro de 1997, polo que se somete ó trámite de información pública polo prazo de quince días, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, nun xornal dos de maior circulación da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello, con notificación persoal ós propietarios e demais interesados directamente afectados, de conformidade co establecido no artigo 117 do TRLS e 140 do RPU.

Signifícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días contados desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa da Casa do Concello.

Vigo, 6 de marzo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

2641