Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 1997, da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), pola que se anuncia o concurso público 1/1997, por procedemento aberto, para a contratación do servicio de ceas en diversos servicios de urxencias dependentes desta xerencia.

A Dirección-Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (área de Ferrol), en virtude das atribucións que lle foron delegadas de acordo co esta

blecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño de 1996) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Obxecto e orzamento: servicio de,

-Lote nº: único.

Denominación: servicio de ceas nos servicios de urxencias dependentes desta xerencia.

Importe: 5.840.912 ptas.

Total: 5.840.912 ptas.

No dito importe xa está incluído o IVE.

Prazo de vixencia: desde a sinatura do contrato ata finais do 1997.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria poden ser solicitados na Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, en días laborais desde as 9 ata as 14 horas.

Fianzas:

a) Provisional: o 2% do importe de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 36 da lei de contratos das administracións públicas.

b) Definitiva: o 4% do importe de licitación.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia técnica: ve-lo artigo 19 da LCAP.

Solvencia económica: ve-lo artigo 16 da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (ambulatorio Fontenla Maristany), praza de España 19-20 Ferrol, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 9.1 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas realizaraa a mesa de contratación, reunida en acto público, na sala de xuntas do ambulatorio Fontenla Maristany en Ferrol, ás 10 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte ó da finalización de presentación de ofertas. No caso de que o dito día cadre en sábado, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

Documentos que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Criterios de adxudicación e ponderación deles: a adxudicación realizarase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Prezo ofertado: 50%.

2. Calidade técnica: 35%.

3. Medios auxiliares, equipo técnico e experiencia: 15%.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Ferrol, 12 de marzo de 1997.

Bernardo Seoane Díaz

Director xerente de Atención primaria

A Coruña-Ferrol

2800