Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.856

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS PROVINCIAL DE OURENSE

ELECCIÓN de conselleiros xerais representantes dos impositores.

De conformidade co determinado no artigo 13, punto 1º, do Regulamento de procedemento para a designación dos membros dos órganos de goberno da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, faise público, para coñecemento dos señores impositores da entidade, que a relación nominal de compromisarios correspondentes á circunscrición electoral de Ourense, elixidos en sorteo público ante notario, que elixirán a 16 conselleiros xerais representantes dos impositores na asemblea xeral, permanecerá exposta entre os días 6 e 12 de maio, ambos inclusive, en tódalas oficinas da caixa, co fin de que poida ser consultada polos impositores e presentaren estes as reclamacións ou impugnacións que sobre a relación coiden oportunas, ata o día 14 do mesmo mes, inclusive, mediante escrito dirixido á comisión de control, que deberá ser presentado no domicilio social da caixa, rúa do Paseo, 6, Ourense, ou en calquera das súas oficinas.

Ourense, 16 de abril de 1997.

David Ferrer Garrido

Presidente da Caixa de Aforros Provincial

de Ourense, presidente da Comisión Electoral