Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 78 Xoves, 24 de abril de 1997 Páx. 3.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1997, da Dirección Provincial da Coruña, pola que se anuncia o concurso público 1CCP/97, polo procedemento aberto, para a subministración sucesiva de guantes (tramitación segundo o artigo 173-1A de la LCAP).

A Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde da Coruña, en virtude das atribucións que lle foron delegadas, conforme o establecido na Orde do 22-5-1996 do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca o seguinte concurso público polo procedemento aberto para a subministración sucesiva de guantes.

Subministración: adquisición de guantes.

Orzamento: 33.761.400 ptas., IVE incluído.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

I. Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto.

II. Prazo de execución: os bens obxecto do presente concurso público entregaranse no prazo establecido no prego de cláusulas administrativas particulares e na folla de especificacións.

III. Admisión de variantes: non se admiten.

IV. Solvencia económica e financeira: acreditarase de acordo co establecido no artigo 16 da Lei 13/1995, de C.A.P. e no prego de cláusulas administrativas particulares.

V. Solvencia técnica: acreditarase de acordo co establecido no artigo 18 da Lei 13/1995, de C.A.P. e no prego de cláusulas administrativas particulares.

VI. Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións.

VII. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame, na Dirección Provincial do Sergas da Coruña r/ Durán Loriga, nº 3, 4º andar, tódolos días laborables, excepto os sábados, desde as 9 h ata as 14 h.

VIII. Presentación de proposicións: as proposicións presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro Xeral da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, antes das 14 h do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (981-18 56 78) ou telegrama no mesmo día, de conformidade co establecido no punto 10 do prego de cláusulas administrativas particulares.

IX. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Dirección Provincial do Sergas da Coruña, r/ Durán Loriga, nº 3, a partir das 10 h do décimo primeiro día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

X. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

XI. Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario ou adxudicatarios do contrato ou contratos.

A Coruña, 14 de abril de 1997.

Antonio V. Martínez Calvo

Director provincial da Coruña

3096